Rondalla Perla del Río del C.C.R.D. de Perlío

Perla del Río nace en Perlío o día 12.01.2010, arroupada pola AVV de Perlío, que preside Carlos Fernández Sanjuan.

Rondalla Perla del Río del C.C.R.D. de Perlío

Rondalla Perla del Río del C.C.R.D. de Perlío

Ao principio eramos un grupiño de xente formado case exclusivamente por mulleres xa que poucos homes animábanse a participar, aínda que o certo é que os que están fanse notar. Actualmente alentamos a este colectivo a que se anime a participar e pasen uns momentos divertidos e agradables connosco.

O primeiro director que tivemos chamábase Daniel Adzmián. Tocaban a guitarra: Xosé, Xaime, Teresa, Luís no contrabaixo, Julia co a bandurria, Paula coa frauta e Sara co violín. Por motivos de estudios, Julia,Paula e Sara, tiveron que deixar a coral.

Nosa estrea foi no ano 2011, o mellor dia que o puidemos facer, o día das Letras Galegas, no C.C.R.D de Perlío e foi inesquecible para todos nos.

A partir de ese día comezamos  a nosa andadura polas diversas parroquias do concello, festas gastronómicas….