
Procedemento para rexistrarse e darse de baixa Para solicitar a inclusión no canal de WhatsApp do CCRD Perlío, os interesados deberán seguir os seguintes pasos:
- Gardar como contacto no seu móbil o número 689 930 972.
- Enviar un WhatsApp co seguinte texto: ‘ALTA CCRD PERLIO’. Non é necesario identificarse.
- A continuación, recibirán unha mensaxe confirmando o seu rexistro no servizo.
Coa realización deste procedemento, os usuarios conceden o seu consentimento para recibir información relacionada co CCRD Perlío, como noticias, incidencias, avisos urxentes, eventos deportivos e socioculturais. Os usuarios só recibirán un máximo dunha notificación ao día. Para darse de baixa do servizo, os usuarios deberán enviar unha mensaxe por WhatsApp co texto «BAIXA CCRD PERLIO» e deixarán de recibir información.
Método de difusión Os usuarios do servizo non terán acceso aos datos e información doutros usuarios, xa que as novas son enviadas a través dunha lista de difusión. O CCRD Perlío é o administrador do servizo e o responsable do envío das mensaxes.
Normas de uso ao rexistrarse no servizo, os usuarios aceptan as condicións e normas de uso establecidas. O incumprimento destas normas implicará unha baixa automática e o bloqueo por parte dos administradores.
Círculo Cultural Recreativo e Deportivo Perlío C.C.R.D. Perlío – Casino de Perlío
Rúa San Salvador, 12, 15500 Perlío – Provincia: A Coruña (España)
Teléfono: 981 34 02 83
PROTECCIÓN DE DATOS: De acordo co Regulamento (UE) 2016/679 e coa Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos, informamos ás persoas interesadas, que ao prestar o seu consentimento, o CCRD Perlío, como Responsable do tratamento, con NIF G15099617 e domicilio na Rúa San Salvador, 12, 15500 Perlío, A Coruña, tratará o número de teléfono coa finalidade de incluílo nunha lista de difusión de noticias de interese para a cidadanía. A base xurídica para o tratamento dos datos é o consentimento expreso, o cal poderá ser revocado en calquera momento sen afectar as accións xa realizadas. Os datos serán conservados ata que o consentimento sexa revocado. Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidade e limitación do tratamento dirixindo unha comunicación ao Responsable, á dirección mencionada anteriormente ou ao correo electrónico casinodeperlio@gmail.com, e deberá acreditar a súa identidade.