Club lectura – CCRD Perlío

Club de lectura do CCRD Perlío

O club de lectura do CCRD Perlío organízase en tres ramas:

1) O taller de escritura creativa céntrase sobre a creación literaria e ofrece a cada participante o seu propio camiño entre as múltiples opcións que se despregan. E iso sempre coa orientación de profesores moi experimentados. Co engadido de diversas seccións de recursos técnicos e propostas de traballo, o taller compleméntase cada ano con novos talleres intensivos impartidos por autores de prestixio, sobre os temas máis diversos; unha síntese en forma de lección deses talleres é parte dos materiais técnicos accesibles para todos os participantes do taller.

2) Realización de gacetilla mensual. A nosa gacetilla está repleta de fascinantes artigos, entrevistas e historias de todo o mundo e en especial da Coruña. Xa sexa para o lector que estea a buscar unha nova perspectiva ou simplemente queira aprender algo novo é unha fonte de referencia para todo o relacionado coa cultura.

3) O club de lectura está formado por un grupo de persoas que len ao mesmo tempo unha obra concreta, das que a nosa Biblioteca presta un exemplar a cada membro do club, e celebran reunións quincenais ou mensuais para comentar o que leron. Con esta actividade practícase unha lectura a soas e reflexiva á vez que descobren un dos elementos máxicos das obras literarias: a súa transformación en múltiples historias, tantas como lectores teña, xa que calquera libro, ao pasar pola experiencia e imaxinación dun lector convértese nunha historia distinta e única.

O club do CCRD Perlío ten carácter semanal, realizándose as reunións o mércores, de novembro a maio de 2023, en horario de tarde, de 17:00 a 19:30 horas. Proponse para cada sesión algún libro de temática e xéneros variados (novela romántica, thriller, novela da vida cotiá…), tanto en galego como en castelán.

Con respecto á dinámica de funcionamento do club, o número de prazas é limitado adxudicándose por orde de inscrición aos 50 primeiros solicitantes. Faise unha lista de espera para que, no caso de que se produza algunha baixa, pase a formar parte do club a persoa que ocupe o primeiro posto (ou sucesivos) na listaxe. No caso de que algunha persoa participante acumule dúas faltas sen xustificar, perde a súa praza e pasará a ser ocupada pola seguinte en lista de espera.