A Biblioteca do C.C.R.D. de Perlío

Biblioteca - Círculo Cultural Deportivo y Recreativo de Perlío

O Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío conta na súa sede cunha biblioteca cuxos exemplares están á disposición dos socios e veciños que teñan interese por algunha das obras que contén.

Os medios de adquisición dos fondos da biblioteca do C.C.R.D. de Perlío son a través da compra e as doazóns.

Este fondo pódese consultar na sala unha vez que se realizou a solicitude para acceder a ela a través dunha das nosas vías de contacto. Xa que se trata dunha colección de acceso indirecto, será algún membro da directiva quen facilite o material a consultar ao interesado. Este é o sistema máis conveniente para fondos de gran valor ou delicados, polas súas garantías de preservación.

 

CLUB LECTURA – CCRD PERLÍO